639.129.683 / 629.329.267
asociacion@gatocan.com
zooplus.es 

Noticias
1 2 3 4  Seguinte>>
Visita alumnos CEIP Sada e Contornos
18/04/2018
O pasado día 16 de abril recibimos no noso refuxio aos alumnos de 5° e 6° de primaria do CEIP Sada e Contornos. Esperamos que gozasen moito cos nosos peludos.

CHARLA EN CEIP SADA Y CONTORNOS
08/04/2018
O pasado día 5 de abril estivemos no CEIP Sada e Contornos dando unhas charlas a nenos de 5º e 6º de primaria sobre o abandono acompañados por Mar Castro (Técnica da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo) e por Javier Balado (veterinario do CRFS de Oleiros). Por suposto tamén nos acompañou nosa querida Paqui que supuxo a parte máis entrañable da charla e portouse fenomenal.

Donación
27/03/2018
Un grupo de membros da asociación JAE visitáronnos o pasado 18 de marzo e fixéronnos unha donación de 137 kg de penso para os nosos peludos. Aínda que o tempo non acompañou esperamos que gozasen da visita e agradecémoslles o xesto

TALLER DE LECTURA CON CANS
26/03/2018
O pasado día 2 de Marzo Adrian de Candamin, adiestrador canino, en colaboracion coa librería Helena organizou un bonito taller de lectura con cans destinado a nenos de 6 a 9 anos cuxos beneficios foron destinados a Gatocan .Participou tamén Lucía Lombardia, terapeuta ocupacional.Poñémosvos unha foto. Grazas aos asistentes e grazas aos organizadores por esta bonita iniciativa.

Charla na biblioteca Durán Loriga
22/03/2018
O pasado día 15 de Marzo estivemos na biblioteca Durán Loriga da Coruña dando unha charla sobre abandono e voluntariado a membros do club de lectura "O Clu".

Revista Gatocan de xaneiro e febreiro
01/03/2018
Xa está lista a revista Gatocan correspondente ós meses de xaneiro e febreiro. Podedes vela en:

http://app.box.com/s/i4spc6op5uu77df1azqtjduqvjk9sdze

Se tedes algún problema para vela, optade por descargala, pulsando onde pon "Descargar".

Esperamos que vos guste.

Visita IES Monte das Moas de A Coruña
24/02/2018
O pasado dia 20 de febreiro visitáronnos os alumnos de 1° da ESO do IES Monte dás Moas da Coruña e pasárono fenomenal cos nosos peludos.

Visita á Residencia Orpea
04/01/2018
Hoxe 4 de xaneiro empezamos o ano cunha bonita actividade. Estivemos con varios dos nosos cans visitando a Residencia de Anciáns Orpea na Coruña. Acompañounos tamén Adrián de Candamin coa súa noiva e os seus cans e ata nos fixo unha pequena exhibición. En definitiva unha bonita e entrañable mañá. Esperamos que os residentes e persoal do centro gozasen tanto como nós deste bonito encontro.

Lotería de Nadal
26/12/2017
Como supoño xa sabedes os que comprastes lotería gatocanera, tocounos a devolución. Tal e como se especifica na mesma papeleta, a lotería está depositada na administración nº 7 da Coruña "O Filón de Ouro" que se sitúa na rúa Rúa Nova nº 4 e alli mesmo pódese cobrar.

Feliz ano novo¡¡

Festival Cancoruña
11/12/2017
O próximo dia 17 de decembro Cancoruña organiza un festival a favor de Gatocan.



1 2 3 4  Seguinte>>