Antes de adoptar lea con atención e reflexione sobre as seguintes cuestións: |
¿Estou disposto a adquirir un compromiso de por vida? |
Considere que os cans e gatos poden vivir de 10 a 18 anos. Non adopte un por impulso. Primeiro asegúrese de que todos na familia estean
de acordo con ter e coidar dunha mascota. Tamén é importante verificar que ninguén na familia sexa alérgico ou asmático, xa que estas
doenzas son as escusas máis comúns polas cales as persoas deciden desfacerse dos seus animais. As mascotas son un membro máis da familia.
Se vostede non está disposto a asumir este compromiso de por vida, non adopte un animal, terminará por abandonalo e romperlle o corazón.
|
¿Dispoño do tempo necesario para coidar debidamente á miña mascota? |
Os animais necesitan do seu tempo non só para alimentalos senón tamén para bañalos, levalos ao veterinario, adestralos, xogar con eles e
para darlles cariño e amor. Os cachorros necesitan máis tempo que os adultos, xa que dependendo da súa crianza o resultado será un
pequeno obediente ou desobediente. Non é recomendable adoptar un cachorro se vai estar só máis de 4 horas diarias. Tanto os cans como os
gatos necesitan cariño e atención. Non hai nada máis cruel que deixar un can ou gato só por períodos longos. Os animais mansos que se
manteñen en gaiolas como os paxaros, hamsters e coellos, tamén necesitan pasar tempo fóra das súas gaiolas cos seus donos.
|
¿Teño intención de mudarme nos próximos anos? |
“Mudámonos” é a escusa número un pola cal miles de persoas entregan as súas mascotas ós albergues de animais. Se pensa mudarse nun
futuro ten que estar disposto a atopar e mudarse a un lugar onde se permitan mascotas. Se enfronta unha crise na súa vida, como un
divorcio ou unha morte, ¿estará disposto a quedarse coa súa mascota?
|
¿Conto cos recursos económicos necesarios para mentener á miña mascota? |
Sume os gastos de: alimento, vacinas anuais, produtos de limpeza e hixiene, xoguetes e emerxencias veterinarias. Estes son só algúns dos
custos asociados a obter unha mascota. O animal merece unha boa calidade de vida, ofrecéndolle unha alimentación axeitada que reuna os
requisitos nutricionales necesarios e levándoo regularmente ó veterinario para a súa vacinación. Sen a alimentación correcta e sen as súas
vacinas, o animal podería enfermarse e despois vostede tería que asumir un gran gasto levándoo ó veterinario.
|
¿Considerei o espazo dispoñible na miña casa? |
O tamaño e selección da súa mascota dependerá do tamaño do seu fogar. Considere que os cans grandes necesitan espazos grandes para exercitarse e desenvolverse correctamente. Recomendamos manter os gatos dentro da casa, xa que nas rúas enfrontan perigos como o ser atropelados por coches, envelenados por veciños, enfermarse ou ser atacados por outros animais.
|
Consellos adicionais |
Non regale animais como sorpresa. O seu “regaliño” podería non ser benvido e terminar abandoado. Ter unha mascota é unha decisión moi persoal.
Non permita que un neno escolla a mascota. Esta debería ser a decisión dun adulto responsable que determine cal sería a mascota ideal para a súa casa e familia.
Se pensa elixir un animal de raza, non o escolla só pola súa aparencia, busque información sobre a raza e aprenda sobre a súa personalidade e comportamento e verifique se vai de acordo coa súa propia personalidade e nivel de paciencia. Por exemplo: Se é impaciente e non ten moito tempo, considere adoptar un tranquilo can adulto dun albergue de animais.
Considere adoptar un animal adulto. Son entrenables, máis tranquilos e moi fieis.
Adopte nun albergue e salve dúas vidas: a do animal que adopta e a do que entra da rúa para ocupar o seu lugar.
|
LEMBRE QUE A ADOPCIÓN NON É UN XOGO. OS ANIMAIS SENTEN, SOFREN E PADECEN IGUAL QUE NÓS. |