Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.

X

asociacion@gatocan.com               Aviso legal

Noticias
<<Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16  Seguinte>>
CHARLA CEIP PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA
24/02/2019
O pasado día 19 de febreiro Gatocan impartiu unha charla sobre o abandono e o maltrato no CEIP Pedro Barrié da Maza en Sada a alumnos de infantil, 1º e 6º de EP. Moitas grazas ao colexio por esta iniciativa.

Concentración caza do raposo
25/01/2019
Este domingo dia 27 de xaneiro,ás 12 da mañá no Obelisco, haberá unha concentración autorizada na que participarán diversos colectivos de protección animal.
Gatocan estará tamén presente e roga a todas aquelas persoas que estean sensibilizadas co tema da caza que, se poden, acudan a prestar o seu apoio.

Entrega de donativos IES Rafael Puga Ramón
22/01/2019

O pasado día 15 de xaneiro as alumnas do IES Rafael Puga Ramón da Coruña fixéronnos entrega dos donativos recaudados e tivemos a oportunidade de darlles as grazas en persoa.

CHARLA CPR JORGE JUAN DE PERLÍO
10/01/2019
O pasado día 8 de Xaneiro, Gatocan deu unha charla no CRP Jorge Juan de Perlío, en Fene, aos alumnos de 5° e 6° de EP, na que se falou sobre o abandono e o maltrato animal, así como da importancia do voluntariado.
Nesta charla acompañáronnos dúas alumnas da Facultade de Bioloxía da Universidade de A Coruña, que falaron sobre algúns comportamentos non desexados que poden ter as nosas mascotas debido a non educalas nin tratalas de un xeito adecuado.

Mercadillo IES Rafael Puga Ramón
19/12/2018
As alumnas do IES Rafael Puga Ramón da Coruña han tido unha bonita iniciativa dentro dun "Proxecto de recreos creativos", para xuntar un donativo para a nosa asociación. Ata o día 20 deste mes estarán recollendo donativos. Moitas grazas!

Hallowen perruno
27/10/2018
Adoptantes do mundo, animádesvos a disfrazarvos co voso perrete?. En Tenda Animal Oleiros, o sábado 3 de novembro pódenvos premiar por iso.

Haberá premios para:
- O conxunto perrete/persoa máis a xogo
- O disfraz máis terrorífico (persoa ou can)
- Os andares máis salerosos (persoa ou can)

Acompañaranos tamén Irene Ventura que poderá axudarvos ca vosa maquillaxe e decorará as caras dos nen@s que desexen asistir ao evento tanto de espectadores como de participantes.

As inscripcións para concursar serán no mesmo sitio do concurso a partir das catro da tarde ou mandando un correo a asociacion@gatocan.com. O concurso comezará ás cinco.

¡¡Esperámosvos¡¡


Día da mascota no Colexio Eiris da Coruña
20/10/2018
Un ano máis estivemos no Colexio Eiris da Coruña celebrando con eles o día da mascota. Grazas por invitarnos!

Visita Conselleira de Medio Ambiente
06/10/2018
O día 05 de Outubro visitou as nosas instalacións a nova Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. Dende aquí agradecemos o seu interese en coñecer o noso traballo e esperamos que gozase da visita

Gracias
30/09/2018
Queremos agradecer dende aquí o bo recibimento que tivo o noso encontro para celebrar o décimo aniversario do noso querido refuxio, así que grazas a todos e oxalá celebremos moitos aniversarios máis.

STAR WARS MARINEDA
20/09/2018
O pasado día 15 de Setembro os mozos de ECHO BASE (Star Wars) volvéronnos a invitar a participar con eles na súa exhibición no C.C Marineda na Coruña onde "a forza acompañounos" nuevamente e pasamos un día estupendo

<<Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16  Seguinte>>