Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.

X

639.129.683 / 629.329.267 / asociacion@gatocan.com               Aviso legal
zooplus.es 

Noticias
<<Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8  Seguinte>>
Visita Miriam Gaute (Miss Coruña)
01/08/2019
O pasado día 29 de Xullo Miriam Gaute (Miss Coruña) visitou o noso refuxio e gozou dunha bonita sesión de fotos acompañada dos nosos peludos. Moitas grazas Miriam!!

Visita residencia Portazgo
23/07/2019
O pasado día 22 de Xullo Gatocan visitou a Residencia de Anciáns Portazgo na Coruña. Os nosos queridos Bress, Bruno, Bruna e Gos viñeron connosco para gozar dunha bonita mañá en compañía dos residentes. Moitas grazas por invitarnos!

CONCESIÓN SUBVENCIÓN
26/06/2019
Por resolución da Presidencia da Deputación Provincial da Coruña núm: 21.266/2019 e 21.267/2019 do 19 de xuno (publicadas no BOP Nº 119 do 26 de Xuno) aprobouse a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa DP0035, de axudas para asociacións protectoras de animáis domésticos para actividades durante o ano 2019, na que se lle concede a GATOCAN a cantidade de 25.000 euros e a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa DP0037, de axudas a asociacións protectoras de animais domésticos para investimentos durante o ano 2019, na que lle concede a GATOCAN a cantidade de 25.000 euros. Dende aquí agradecemos de todo corazón estas axudas en nome de todos os animais que viven no noso refuxio e aplaudimos a implicación da Diputación na axuda aos animais abandonados que cada día chegan a entidades como a nosa en busca dunha segunda oportunidade.
Pode consultar as resolucións nestas ligazóns:

http://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2019/06/26/2019_0000004992.pdf

http://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2019/06/26/2019_0000004999.pdf

Mercadillo solidario CEIP de Prácticas de A Coruña
24/06/2019

O pasado día 21 de Xuño os alumnos do CEIP de Prácticas da Coruña organizaron un mercadillo solidario a favor de Gatocan no que se recaudaron 270 euros. O noso querido Tigre acompañounos a dar as grazas aos nenos e dende aquí agradecemos nuevamente esta bonita iniciativa.

Charla Escola de Carrio
28/05/2019

O pasado día 16 de maio Gatocan deu unha charla sobre como coidar correctamente a unha mascota a nenos de entre tres e seis anos, da Escola unitaria de Carrio, do CRA de Bergondo. Acompañounos a nosa cadela Bruma que fixo as delicias dos nenos.
Damos as grazas ao centro e a Saleta, profesora dos nenos e quen tivo a idea de invitarnos.

Charla IES Isaac Díaz Pardo
17/04/2019

O pasado día 9 de Abril, Gatocan deu unha charla no IES Isaac Díaz Pardo en Sada aos alumnos de 1° da ESO, na que se falou sobre o abandono e o maltrato animal, así como da importancia do voluntariado.Acompañounos Ignacio García ( Técnico da Reserva Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo).Nesta charla acompañáronnos tamen dúas alumnas da Facultade de Bioloxía da Universidade de A Coruña, que falaron sobre algúns comportamentos non desexados que poden ter as nosas mascotas debido a non educalas nin tratalas de un xeito adecuado.


CHARLA CEIP PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA
24/02/2019
O pasado día 19 de febreiro Gatocan impartiu unha charla sobre o abandono e o maltrato no CEIP Pedro Barrié da Maza en Sada a alumnos de infantil, 1º e 6º de EP. Moitas grazas ao colexio por esta iniciativa.

Concentración caza do raposo
25/01/2019
Este domingo dia 27 de xaneiro,ás 12 da mañá no Obelisco, haberá unha concentración autorizada na que participarán diversos colectivos de protección animal.
Gatocan estará tamén presente e roga a todas aquelas persoas que estean sensibilizadas co tema da caza que, se poden, acudan a prestar o seu apoio.

Entrega de donativos IES Rafael Puga Ramón
22/01/2019

O pasado día 15 de xaneiro as alumnas do IES Rafael Puga Ramón da Coruña fixéronnos entrega dos donativos recaudados e tivemos a oportunidade de darlles as grazas en persoa.

CHARLA CPR JORGE JUAN DE PERLÍO
10/01/2019
O pasado día 8 de Xaneiro, Gatocan deu unha charla no CRP Jorge Juan de Perlío, en Fene, aos alumnos de 5° e 6° de EP, na que se falou sobre o abandono e o maltrato animal, así como da importancia do voluntariado.
Nesta charla acompañáronnos dúas alumnas da Facultade de Bioloxía da Universidade de A Coruña, que falaron sobre algúns comportamentos non desexados que poden ter as nosas mascotas debido a non educalas nin tratalas de un xeito adecuado.

<<Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8  Seguinte>>