Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.

X

639.129.683 / 629.329.267 / asociacion@gatocan.com               Aviso legal
zooplus.es 

Noticias
<<Anterior 1 2 3 4 5 6 7  Seguinte>>
Visita alumnos IES Monte das Moas
21/05/2018
O pasado dia 15 de maio visitáronnos os alumnos de 1° da ESO do IES Monte dás Moas da Coruña e pasárono fenomenal cos nosos peludos.


CESTA SOLIDARIA MESES MAIO E XUÑO 2018
27/04/2018

Durante os meses de maio e xuño a nosa cesta solidaria para que os que queirades poidades doar alimentos, mantas...estará depositada na perruquería canina Hocicalados en Arteixo.

CESTA SOLIDARIA
27/04/2018
Poñémosvos unha foto do recaudado na nosa cesta solidaria en Patitas Canela de marzo a abril. Grazas a todos os que puxestes o voso granito de area!

Campaña Biblioteca Duran Loriga da Coruña
24/04/2018
Do 23 de Abril ao 23 de Xuño a Biblioteca Duran Loriga da Coruña en colaboración con Gatocan organiza unha campaña de donación de penso para os nosos peludos. Haberá un panel na entrada onde atoparás información sobre a protectora e interesantes libros de temática animal. Unha bonita iniciativa que esperamos que teña moito éxito.

Visita alumnos CEIP Sada e Contornos
18/04/2018
O pasado día 16 de abril recibimos no noso refuxio aos alumnos de 5° e 6° de primaria do CEIP Sada e Contornos. Esperamos que gozasen moito cos nosos peludos.

CHARLA EN CEIP SADA Y CONTORNOS
08/04/2018
O pasado día 5 de abril estivemos no CEIP Sada e Contornos dando unhas charlas a nenos de 5º e 6º de primaria sobre o abandono acompañados por Mar Castro (Técnica da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo) e por Javier Balado (veterinario do CRFS de Oleiros). Por suposto tamén nos acompañou nosa querida Paqui que supuxo a parte máis entrañable da charla e portouse fenomenal.

CESTA
03/04/2018
Poñémosvos unha foto da entrega da cesta que habemos rifado e que atopou ganadora o pasado 1 de abril co número premiado da ONCE dese día, o 35240,enhorabuena Patricia!!E grazas a todos os que participastes!

Donación
27/03/2018
Un grupo de membros da asociación JAE visitáronnos o pasado 18 de marzo e fixéronnos unha donación de 137 kg de penso para os nosos peludos. Aínda que o tempo non acompañou esperamos que gozasen da visita e agradecémoslles o xesto

TALLER DE LECTURA CON CANS
26/03/2018
O pasado día 2 de Marzo Adrian de Candamin, adiestrador canino, en colaboracion coa librería Helena organizou un bonito taller de lectura con cans destinado a nenos de 6 a 9 anos cuxos beneficios foron destinados a Gatocan .Participou tamén Lucía Lombardia, terapeuta ocupacional.Poñémosvos unha foto. Grazas aos asistentes e grazas aos organizadores por esta bonita iniciativa.

Charla na biblioteca Durán Loriga
22/03/2018
O pasado día 15 de Marzo estivemos na biblioteca Durán Loriga da Coruña dando unha charla sobre abandono e voluntariado a membros do club de lectura "O Clu".

<<Anterior 1 2 3 4 5 6 7  Seguinte>>