639.129.683 / 629.329.267
asociacion@gatocan.com
zooplus.es 

Noticias
<<Anterior 1 2 3 4 5
Teaming
08/11/2015
Estimados socios, colaboradores e voluntarios:

Gatocan creou un grupo de Teaming para recadar fondos. Para os que non saibades o que é o Teaming dirémosvos que é unha web que funciona baixo a premisa de que só doando un euro ao mes se pode axudar a causas que o necesitan. O éxito reside en difundir ao máximo e invitar a todos os vosos coñecidos a que colaboren coa nosa causa doando simplemente un euro ao mes. O sistema de pagamento é moi sinxelo e un pode saírse do grupo cando queira. Como xa sabedes estamos a sacar da canceira aos gatos que o Concello de Coruña está "a recoller" e iso suponnos un gasto extra importante a sumar á xa de por si elevada cantidade de gastos que a Protectora ten todos os meses mantendo o refuxio e a máis de 300 animais. Só tedes que rexistrarvos picando este enlace onde en tan só dous minutos xa poderedes ser parte do grupo e colaborar achegando o voso euro ao mes.

http://www.teaming.net/gatocan-sociedadprotectoradeanimales

E non se vos esqueza difundilo!!
Un saúdo e grazas

Beatriz.



<<Anterior 1 2 3 4 5