639.129.683 / 629.329.267 / asociaciongatocan@gmail.com
Requisitos adopción
- Todas as persoas interesadas en adoptar a un dos nosos animais deberán de porse en contacto connosco, ben por teléfono, chamando ao 639.129.683 ou ó 629.329.267, ou ben por email, escribindo a asociaciongatocan@gmail.com.
- Os adoptantes deben ser maiores de idade.
- No momento da adopción é imprescindible asinar un contrato no que o adoptante comprométese a non entregar o animal a terceiros e a que, en caso de non poder seguir ocupándose del, devolverallo de novo á Asociación. Tamén se autorizan as chamadas e visitas ao adoptante por parte da Asociación (o que se coñece co nome de seguimento) co obxectivo de verificar o bo estado, tanto físico como psicolóxico do animal. O contrato pode descargarse na seguinte ligazón: Contrato_Adopcion.
- Debido ós recursos limitados para realizar o seguimento das adopcións, os animais daranse en adopción só na cidade de A Coruña e arredores.
- A adopción é totalmente gratuíta, salvo polos gastos derivados da vacinación e, no caso dos cans, da implantación do chip de identificación, que correrán a cargo do adoptante e abonaranse directamente ó veterinario.