Este sitio web utiliza unicamente cookies técnicas que son esenciais para o funcionamento da páxina.
Con todo, contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de cookies alleas a A. P. A. Gatocan que vostede poderá decidir se acepta ou non cando acceda a elas.
Pode obter máis información aquí.

X

asociacion@gatocan.com               Aviso legal    Política de privacidade

Noticias
<<Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19  Seguinte>>
Visita 22/12/2021
23/12/2021

O pasado día 22 de decembro recibimos no noso refuxio a visita da Conselleira de Medio Ambiente Territorio e Vivenda Ángeles Vázquez Mejuto, acompañada de Belén María do Campo Piñeiro, Directora Xeral de Patrimonio Natural dá Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Cristina Carrión Rodríguez, Xefa Territorial dá Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Alcalde de Coiros Francisco Quintela Requeijo.
A todos eles agradecémoslles a visita e o seu interese polos animais abandonados.

Stand 19/12/2021
20/12/2021
Poñémosvos unha foto do stand que tivemos o pasado día 19 de decembro no C. C Cuatro Caminos na Coruña

Visita
29/10/2021
O día 28/10/2021 recibimos a visita da Escola de Formación Agraria Fonteboa, poñémosvos unha foto. Grazas a tod@s!!

Noticia
10/10/2021

Copiámosvos a ligazón a esta noticia que nos parece de gran relevancia. Algo está a cambiar afortunadamente. Non deixedes nunca de denunciar calquera tipo de malos tratos.
"A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña confirmou a condena de 14 meses de prisión para un veciño da cidade herculina que matou a dúas crías de gato na rúa.
Segundo informa a Audiencia, ratifícase así a pena imposta polo Xulgado do Penal número 2 da Coruña. Ademais da pena de cárcere por cometer dous delitos de malos tratos a animais domésticos, foi inhabilitado, durante catro anos, para toda profesión relacionada co coidado de animais ou tenencia dos mesmos."noticia

Lotería e calendarios Gatocan
29/09/2021
ESTABLECEMENTOS QUE TEÑEN Á VENDA LOTERÍA E CALENDARIOS DE GATOCAN

El Corte Inglés de Ramón y Cajal e Marineda City (sólo calendarios)

Clínicas veterinarias por orde alfabética

Albeitar (Sada)
Animalia
Arealonga
Artabro (Culleredo)
Canis
Del Sol
Hospital 4 de octubre
Huellas
Kaiola
Nos
Nutrifarma (Culleredo)
Sada (Sada)
Vets Elviña

Outros establecimientos tamen por orde alfabética

Bendito Café
Centro canino Guau
El Gato con Botas
Fisiocan (Culleredo)
La tienda de Bea (Cambre)
Le Bistró
Libreria Kikos
Mascotare
Perrucan
Restaurante Licar (Sada)
Sara Centro Estético



Stand 11/09/2021
21/09/2021
Poñémosvos unha foto dun stand que fixemos o 11/09/2021 en Decathlon Oleiros

Rastrillo 28/08/2021
29/08/2021
Poñémosvos unha foto dun pequeno rastrillo que fixemos o 28/08/2021 en Sada

Visita ao refuxio
28/07/2021
O pasado día 27 de xullo recibimos no noso refuxio a visita de Belén María do Campo Piñeiro, Directora Xeral de Patrimonio Natural da Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, acompañada por Cristina Carrión Rodríguez, Xefa Territorial da Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e o Alcalde de Coiros Francisco Quintela Requeijo. Poñémosvos unha foto.

Agradecementos
24/05/2021
Jorge e Bea casaron o 22 de maio, tiveron a xenial idea de poñer este cartel na súa voda e recadaron donativos para Gatocan. Desde aquí agradecer de todo corazón o acordarse dos nosos peludos nun día tan especial. Un millón de grazas e que sexades moi felices!!!

Reportaxe Gatocan
04/10/2020
Poñémosvos ligazón ao programa da TVG " Quen anda aí" onde podedes ver unha reportaxe de Gatocan a partir das 2 h 32 min

Gatocan tvg

<<Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19  Seguinte>>