asociacion@gatocan.com               Aviso legal    Política de privacidade

Noticias
<<Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19  Seguinte>>
Lotería
08/01/2024
Boas tardes gatocaners e agraciados
Pido desculpas por non ter tempo ata agora para sentarme a escribir unhas palabras que tranquilicen a todo o mundo ou polo menos iso espero e desexo.
A reunión desta mañá alongouse ata pasadas as tres da tarde.
Ao longo de toda a mañá non parou de soar o meu teléfono con moitos medios de comunicación querendo ser informados e pola tarde o mesmo asi que ata agora e se mo permiten porque están a piques de chegar de Antena 3 termino e resumo.
Hoxe despois de moito tira e afrouxa o BBVA empezou a abonar os décimos, pero só unha pequena parte porque din non ter medios suficientes para abonar 900 décimos dun golpe e que terán que contratar 2/3 persoas para que o fagan o máis axiña posible contando que salvo imprevistos graves teñan abonada a totalidade do premio finalizando esta semana (xoves/venres)
No momento no que empecemos a ter diñeiro na conta de Gatocan, aínda que non sexa a totalidade, Abanca comprometeuse a empezar a pagar as participacións por orde de chegada ata onde alcance o diñeiro que BBVA vai abonando.
Oxalá isto termine pronto e todo o mundo poida gozar do premio que xa é hora pero insisto en que tanto Gatocan como Abanca fixemos o posible por axilizar as cousas.
Saúdos
Beatriz

Lotería
06/01/2024
Desde a Asociación Protectora de Animais Gatocan informamos a todos os propietarios de participacións premiadas no sorteo celebrado o pasado 22 de decembro de 2023 que, a esta data, seguimos pendentes de recibir o abono total dos décimos premiados por parte da entidade BBVA. Dita entidade é colaboradora da Sociedade Estatal de Loterías e Apostas do Estado (SELAE) e é quen pode realizar devandito pago. Mentres o BBVA non abone o importe premiado Gatocan non dispón do importe do premio e, por tanto,non pode ordenar o pago das participacións agraciadas. Queremos remarcar que,ata o momento, non recibimos importe algún derivado do premio nin puidemos acceder a el.
Igualmente desde Gatocan queremos aclarar que, aínda que ABANCA foi a entidade elixida para ser a depositaria das participacións e encargada de realizar os pagos,dita Entidade infórmanos que, a pesar das reiteradas xestións levadas a cabo co BBVA, esta non fixo efectivo o abono.
Ante esta situación, o día 5 de xaneiro de 2024, requiriuse notarialmente ao BBVA para que efectúe o abono de forma inmediata. Desde Gatocan informamos desta incidencia á SELAE quen manifestou que requirirá igualmente á entidade colaboradora para que informe a que se debe a demora despois de tantos días, presentando toda a documentación requirida. De forma paralela, desde Gatocan estamos a valorar presentar unha denuncia contra BBVA por retención indebida do premio e polo grave prexuízo económico e reputacional que esta Asociación está a sufrir.
Desde as nosas RRSS manterémosvos informados de todos os pasos que demos nesta reclamación e confirmaremos a data a partir da cal se empezarán a facer efectivos en ABANCA os pagos das participacións premiadas.
Lamentamos as molestias e insistimos en que nin Gatocan nin ABANCA, con quen estamos coordinados en todo momento, somos responsables desta demora e ambas seguimos avanzando para conseguir unha pronta solución.

Lotería Nadal
31/12/2023
Bos dias gatocaners e agraciade@s:

Despois de estar varias horas na notaría, a secretaria e a presidenta da asociación, con dúas apoderadas de Abanca, a estratexia ideada para abonar a lotería coa maior seguridade posible para todo o mundo será a seguinte.
Na oficina principal de Abanca na Coruña iranse recibindo as papeletas entregadas nas distintas oficinas. Iranse comprobando moi detalladamente para evitar irregularidades fraudulentas e unha vez comprobadas e relacionadas enviaranse a Gatocan para que á súa vez de o visto bo. Como todo o mundo pode comprender o abono non pode ser inmediato xa que se correrían máis riscos e alguén podería saír prexudicado. Tentaremos facelo de semana en semana e de verdade desexo e confío en que todo o mundo, sen egoísmos, saiba entender os motivos, xa que é polo ben xeral.
No caso bastante improbable, pero posible, de que aparezan dúas participacións co mesmo número e que sexa imposible detectar cal é a auténtica, serán inmediatamente depositadas ambas no xulgado, igualmente no caso dunha denuncia falsa alegando o extravío dun número de papeleta que resulte estar en poder doutra persoa. Tras a investigación pertinente será un xuíz o que decida e adopte as medidas oportunas. Isto vai demorar a cobranza a unha das dúas persoas que será a única real e legalmente agraciada pero non existe outra maneira de facelo para que finalmente poida cobrar a participación quen legalmente a adquiriu.
Por todo o exposto, recoméndase depositar canto antes as papeletas en Abanca, obtendo un resgardo que detalle a numeración das mesmas. Iso permitirá iniciar canto antes o proceso de pago e ademais é que se irán abonando por orde de chegada.
O liquido a cobrar será de 21.600 euros por participación xa que o 20% que retén Facenda é sobre o décimo, non sobre a participación. Algo que xa se especifica na propia papeleta.
Unha vez descontados os 40.000 euros exentos, a retención practícase sobre os 85.000 restantes e o resultado divídese entre as cinco papeletas que compoñen un décimo.
Deséxovos unha feliz entrada de ano e se vos acordades dos peludiños, ademais do voso desexo, tamén podedes pedir que se acaben os malos tratos e con iso o abandono e que os refuxios de animales por tanto deixen de ser necesarios.
Se que é unha quimera pero tampouco custa nada solicitalo, tentalo e tratar de concienciar a quen nos rodea.
Un besote grandote
Beatriz


Cobro lotería Nadal
27/12/2023
Abanca acábanos de comunicar que o cobro poderá facerse efectivo,en calquera oficina de Abanca de calquera cidade, xa de maneira definitiva a partir do dia oito de xaneiro, data na que pensan ter todo listo con seguridade.
Non haberá ningún tipo de gasto nin para a asociación nin para os agraciados asi que feliz entrada de ano para todos e este ano o agasallo de reis vai ser espectacular aínda que veña con dous dias de atraso.
Abanca recomenda depositar as papeletas canto antes como mecanismo de loitar contra as fraudes que temen vanse a intentar como sempre que toca a lotería


Lotería Nadal
26/12/2023
O aluvión de chamadas e correos está a ser de tal magnitude que está a interferir no bo funcionamento da protectora debido a que é imposible responder a todas e no medio poida que haxa algunha que afecte a algún animal.
Aínda que existise unha persoa dedicada exclusivamente a responder chamadas e puidese facelo tampouco podería achegar nada novo porque o venres saíu o premio case a mediodia, o sábado, domingo e luns non foron hábiles para os bancos e hoxe, primeiro dia laborable para os bancos xa fixemos as xestións necesarias para poñer en marcha o pago das participacións.
Comprendemos a impaciencia pero rogamos un pouco de empatia xa que estamos a facer todo o humanamente posible para ir rápido en todo e tantas chamadas e tantos correos o único que conseguen é roubar tempo.
Tras as xestións de hoxe podemos adiantarvos que as participacións se poderán cobrar en calquera oficina de Abanca a partir do oito de xaneiro previsiblemente aínda que non temos a data exacta. En canto teñámola publicarémolo.
Por favor que ninguén se preocupe porque iremos informando de todo
Grazas


Visita a Residencia de maiores Sanitas
21/12/2023
O pasado día 20 de decembro visitamos a Residencia de Maiores Sanitas na Coruña co nosos queridos Cuco, Popi e Sira. Os residentes e nós así como o nosos amigos perrunos gozamos unha chea.
Grazas por fomentar este tipo de iniciativas.

STAND C.C CUATRO CAMINOS
16/12/2023
Poñémosvos unha foto do stand que tivemos o pasado día 10 de decemmbro en o C.C Cuatro Caminos na Coruña

DOAZÓN
12/11/2023

O teu gran día pode marcar unha gran diferenza para os peludos de Gatocan! E para mostra estás fotos preciosas da voda de Irene e Mauro, quen en lugar de regalar un obsequio de voda potencialmente refugable ou con todas as papeletas de acabar esquecido nun caixón... Fixeron unha gran doazón!

Desde Gatocan querémoslles dar as grazas mil veces máis por marcar a diferenza e facer que o seu amor exceda ata o noso refuxio, salpicando de axuda e de novas oportunidades aos nosos peludos.

Grazas tamén por compartir estás preciosas fotos as cales vos mostramos con gran alegría e agarimo. Grazas por tanto, Irene e Mauro! Que o amor continue marcando a diferenza na vosa vida 💚

Stand Decathlon Oleiros 11/11/2023
12/11/2023
Poñémosvos unhas fotos do stand que tivemos o pasado día 11 de novembro en Decathlon Oleiros. Os empregados do centro doáronnos dous sacos de penso adquiridos cos céntimos que van sobrando das voltas, cando sobran. E ademais contamos este día cunha vendedora de excepción, nosa querida cadela Mendi, adoptada xa hai uns anos e o seu adoptante

STAND C.C CUATRO CAMINOS
22/10/2023
Poñémosvos unha foto do stand que tivemos o pasado día 21 de outubro no Centro Comercial Cuatro Caminos na Coruña

<<Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19  Seguinte>>