asociacion@gatocan.com               Aviso legal    Política de privacidade

Noticias
<<Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19  Seguinte>>
CONVENIO
20/07/2024
O pasado 17 de xullo asinouse un convenio de colaboración entre Cruz Roja e Gatocan para que os usuarios do proxecto CRECE que Cruz Roja está a levar a cabo con persoas en situación de dificultade social, desenvolvan labores de voluntariado na protectora Gatocan.

Charla CPR Montegrande
29/06/2024
O pasado día 28 de xuño estivemos a dar unha charla a un grupo de 12 nenos de infantil e outros tantos de primaria no campamento de verán do colexio. Grazas por convidarnos!!

Proyeccion documental e coloquio
23/06/2024
Poñémosvos unha foto do coloquio posterior á proxección do documental " Kedi, gatos de Estambul" que organizamos o pasado día 22 de xuño no Centro Cívico San Diego da Coruña

Visita scouts Semente 597
17/06/2024
O pasado día 15 de xuño recibimos a visita de 13 membros do grupo scout Semente 597 da Coruña que viñeron botar unha man e coñecer o noso traballo.
Grazas mozos!

Visita a Concentrix
27/04/2024
O pasado día 25 de abril estivemos nas instalacións de Concentrix na Coruña dando a coñecer a nosa labor e a importancia dos socios. Grazas Alicia por convidarnos

VISITA SCOUTS SAN JORGE 33
02/03/2024
Crer nun mundo mellor é posible e máis fácil despois dunha visita como a de hoxe. Dez membros do grupo scout San Jorge 33 da Coruña, estiveron a axudar nas tarefas do refuxio, así como na colocación de trampas para velutinas por todo o recinto.

Grazas por iluminar este día coa vosa presenza e ganas de botar unha pata.

Saúde e saúdos peludos

VISITA CEE NOSA SEÑORA DE LOURDES DE ASPRONAGA
27/02/2024
O pasado día 27 de febreiro un grupo de alumnos do CEE Nosa Señora de Lourdes de Aspronaga veu ao noso refuxio para facernos entrega de 17 trampas para velutinas feitas por eles mesmos así como cebo. Mil grazas !!

CHARLA CEIP ISAAC DIAZ PARDO DE CULLEREDO
23/02/2024
A nosa esperanza e ilusión é que todos os animais poidan gozar dunha vida saudable nun fogar feliz. Por iso cremos urxente fomentar un cambio de comportamento nas xeracións futuras. E para lograr ese obxectivo é moi importante sentar as bases mediante a educación. Chegando aos máis pequenos podemos mellorar as vidas dos futuros animais e erradicar os casos de crueldade e abandono animal dunha vez por todas. E que mellor maneira que visitando colexios!

Grazas ao CEIP Isaac Díaz Pardo de Culleredo en xeral e sobre todo a Aurora, a titora de primeiro de primaria por abrirnos as portas da súa clase. A sido unha visita moi bonita, chea de tenrura, bos momentos, algún doce e sobre todo moito amor polos animais. Grazas 💚

Manifestacion contra a caza
05/02/2024
O pasado día 4 de febreiro Gatocan participou en Coruña na manifestación en contra da caza con cans e por suposto a caza en xeral, celebrada na Coruña

Convenio
28/01/2024
Habemus convenio asinado entre Fundación María José Jove , APEM, Candamin e Gatocan para que varios participantes con diversidade funcional acudan unha vez á semana ao refuxio, durante dúas horas, ao longo dun ano, co fin de promover a súa adquisición de responsabilidades a través do coidado dos nosos perretes.

Énchenos de orgullo e de satisfacción formar parte deste pioneiro programa piloto chamado Ayudandog da Fundación Maria José Jové.

Porque xuntos todo é mellor 💚😻🐕🐾

<<Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19  Seguinte>>