Este sitio web utiliza unicamente cookies técnicas que son esenciais para o funcionamento da páxina.
Con todo, contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de cookies alleas a A. P. A. Gatocan que vostede poderá decidir se acepta ou non cando acceda a elas.
Pode obter máis información aquí.

X

asociacion@gatocan.com               Aviso legal    Política de privacidade

Noticias
<<Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19  Seguinte>>
Festival TerrAnimal 2022
13/11/2022
Gatocan estivo presente na segunda edición do festival TerrAnimal organizado por Cites e o Concello de Ferrol xunto con outras entidades o pasado día 12 de novembro

Stand Decathlon Oleiros
05/11/2022
Poñémosvos unha foto do stand que tivemos o día 5 de novembro en Decathlon Oleiros

Visita
03/11/2022
O pasado día 28 de outubro recibimos a visita de persoal da empresa Konecta que nos fixeron unha doazón de penso e gozaron con algúns dos nosos peludos

Stand 22/10/2022
22/10/2022
Poñémosvos unha foto do stand que tivemos o 22/10/2022 no C.C Cuatro Caminos na Coruña

Concentración praza María Pita na Coruña
22/10/2022
O pasado día 16 de outubro Gatocan participou na concentración en contra da exclusión dos cans de caza na nova Lei de Benestar Animal na praza de María Pita na Coruña

CONCENTRACIÓN SEDE PSOE A CORUÑA
01/10/2022
O pasado día 30 de Setembro Gatocan participou na concentración fronte á sede do PSOE na Coruña para mostrar o noso rexeitamento á emenda que pretende excluír aos cans de caza na Lei de Protección Animal.

Doación
28/09/2022
Unha vez máis @catit.es demóstranos a súa xenerosidade doando ao refuxio nada máis nin nada menos que 600 quilos de comida para os nosos gatos (os cales por certo son adictos ao seu penso a base de proteína de insectos ). Grazas pola xenerosidade mostrada unha vez máis e por axudarnos a manter aos nosos gatiños saudables!

Charla Concentrix
20/09/2022
O pasado día 19 de setembro nosas voluntarias Vero e Teresuki acudiron á empresa Concentrix para dar unha charla sobre adoptar, facerse socio, acoller un abuelete ou caso especial, facerse voluntario, facer donativos...Así como que facer se atopan un animal ou como proceder no caso de que sexan testemuñas dun animal maltratado (encadeado, engaiolado, etc). Ambas falaron sobre a súa experiencia adoptando animais maiores no caso de Vero que veu acompañada da nosa querida Carma á charla, e animais con algunha discapacidade como o caso de Lola, a gata cega de Teresuki. Acompañando á charla un stand de merchandising e un biscoito. Damos as grazas a todo o persoal da empresa pola súa grata acollida

Subvención
14/09/2022
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia concedeunos unha subvención para a contratación de persoal.
Desde Gatocan dámoslle as grazas pola súa axuda

Concentración praias para todos
16/08/2022
Poñemosvos unha foto da concentración "Praias para todos" celebrada o 15 de agosto na explanada de Riazor desde onde se saíu para percorrer tamén o Paseo Marítimo ata a fonte dos surfeiros

<<Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19  Seguinte>>