Este sitio web utiliza unicamente cookies técnicas que son esenciais para o funcionamento da páxina.
Con todo, contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de cookies alleas a A. P. A. Gatocan que vostede poderá decidir se acepta ou non cando acceda a elas.
Pode obter máis información aquí.

X

asociacion@gatocan.com               Aviso legal    Política de privacidade

Noticias
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19  Seguinte>>
TORI E FELIZ
25/10/2026
A marabillosa familia de TORI mandounos un vídeo que colgamos en Redes sociais no que se ve o felizzzzz que está e a oportunidade que lle deron sen importar a súa idade nin achaques. A nosa Presidenta Beatriz Martin quixo transmitirvos estas palabras:

"Este é un dos vídeos máis marabillosos que visualicei en moito tempo. Nunca soñei con que fose realidade. Tori, viejito, cego e achacoso chegou ao ceo, pero ao ceo dos humanos grazas a unha familia incrible que decidiu facerlle coñecer a calor dun fogar a pesar dos seus moitos problemiñas.

Bravo familia!!!! con máis xente como vós os refuxios estariamos marabillosamente vacios ou mesmo non seriamos necesarios e dejariamos de existir. Non creo que o vexan os meus xa cansos ollos pero se ese momento chegase significaría que o ser humano empezaba a ter cabeza e corazón, que o mundo podería cambiar, que non habería guerras, que se acabaría a fame no mundo.
Bo vou parar que alguén pode pensar que me volvín rematadamente tola.

A alegria de visualizar as imagenes de Tori en familia poden chegar a facer soñar cun mundo mellor."

CONCIENCIANDO NO COLE
24/10/2026


O pasado xoves 22 de outubro Marta e Sonia (acompañadas polo marabilloso Chuspi) deron unha charla sobre o abandono e a protección animal a 32 alumnos de 1°ESO do Colexio Fogar de Santa Margarida na Coruña.

É importantísima este labor de concienciación entre os mozos, para que siga cambiando a sociedade cara a un futuro sen abandono nin malos tratos animal.

Revista Gatocan
11/10/2026
Poñemos o enlace doutra edición especial da Revista Gatocan:

http://app.box.com/s/tuuhoswjiw4we3e594i5g1i0lk2krazv

Se tedes algún problema para vela, optade por descargala, pulsando onde pon "Descargar".

Esperamos que vos guste.

CITAS MES DE OUTUBRO
20/09/2026
O próximo mes de outubro vén cargado de citas para os gatocaner@s e para para que quen poida e queira vir botar unha man fáganoso/fáganolo saber canto antes para irnos organizando.

VENRES 2 e SÁBADO 3 DE OUTUBRO

Recollida de penso e venda de calendarios no Corte Inglés de Ramón
e Cajal (A Coruña).

VENRES 23 DE OUTUBRO Cancelado pola Organización

Haberá un acto no Obelisco (A Coruña) de 11 a 13.30h para visibilizar e potenciar a adopción e contra o abandono. Encantaríanos que todos aqueles que adoptásedes en Gatocan, puidésedes acudir xunto ao voso peludo.

SÁBADO 31 DE OUTUBRO

Fainos especial ilusión e estamos moi agradecidos que por iniciativa do noso socio Alejandro, organizouse unha FESTA OTAKU DE HALLOWEN, evento solidario en MIÑO a favor de Gatocan. Teremos ademais unha caseta onde venderemos calendarios e informaremos do noso labor.

Xa están á venda as entradas e mesmo Fila Cero, así que non tedes escusa para non participar. Ademais a compra será a través da plataforma Entradium no seu programa solidario, así que non haberá gastos de comisión: o 100% do recadado irá para a protectora.

https://entradium.com/events/festaotaku-halloween-2026

CALENDARIO SOLIDARIO
01/09/2026
Xa temos á venda o tradicional calendario solidario, que este ano leva en portada a Luz Casal a quen acompaña o seu amigo rockeiro Rufo.
A artista quixo colaborar desinteresadamente co noso calendario anual e non podemos estar máis agradecidos.

Cada mes saen os nosos refuxiados: Tul en xaneiro, febreiro con Zapatitos; Foxy en marzo; abril é para Oreo; Rocky en maio; Bastian, Tila e Gely xuntos en xuño; Seve en xullo e Valentín en agosto. Para o curso en setembro sae Cortiza; Atlas en outubro; novembro é para Lupe e Fredie; mentres que decembro termina con Malva. E pechando o calendario unha emotiva homenaxe a Danko, que faleceu o pasado ano.

Os calendarios manteñen o seu prezo de 5 euros e lembrámosvos que ao ser realizado e sufragado por voluntarias, o 100% da súa venda é para o mantemento da Protectora

Andaina polo Monte do Gato
04/07/2026
O domingo 28 de xuño recuperamos a andaina cos nosos peludos, unha das tradicións gatocaneras. Nesta edición, a paraxe elixida foi un roteiro polo Monte do Gato en Coirós, o noso propio Concello, co obxectivo de poder visitar tamén as instalacións do Refuxio.

Ben guiados por monitores, os participantes que superaban a vintena entre humanos e cans, percorreron o roteiro circular, saíndo desde Fontelo, chegando ata o miradoiro del Monte. E aínda que a choiva fixo acto de presenza, non impediu que a xornada de convivencia fóra estupenda, finalizando cunha comida fraternal para todos os asistentes no bar do local social da asociación Fillos de Oís.

Concienciar aos escolares e imprescindible
07/06/2026
Concienciar aos escolares sobre o respecto e a protección dos animais é fundamental para Gatocan, porque consideramos que non só axuda a previr o abandono, os malos tratos ou a indiferenza, senón que tamén reforza valores esenciais como coidar a natureza, comprender que as nosas accións teñen consecuencias e a asumir que todos podemos contribuír a un mundo mellor.
Durante estes últimos meses do curso acudimos a dar charlas en distintos centros educativos como o colexio de Sada ao que acudimos en abril xunto a María e o seu perrita Ash para ensinar ás clases de 5º e 6º de primaria; o Ponte dos Brozos en Arteixo para que os maiores e pequenos coñecesen a realidade dos animais, acompañados por Sonia e Chuspi; ou no IES David Buján de Cambre, cuxo alumnado de 2º da ESO ademais organizou unha colecta para o noso Refuxio.

Quedamos marabillados coa iniciativa da Escola de Carrio -CRA Bergondo, na que os pequenos de infantil, xunto á súa profesora Saleta fixeron un proxecto para difundir aos animais en adopción, alén de organizar un mercadillo no que conseguiron moitas cousas para o nosos cans e gatos refuxiados.

Grazas a todos os centros por axudarnos para que os adultos do futuro, coñezan o necesario que é protexer os animais.


Visita Conselleira
15/12/2025
O sábado día 13 de decembro visitounos novamente a Conselleira de Medioambiente Angeles Vázquez quen veu a coñecer a ampliación das nosas instalacións nestas datas tan preocupantes para as adopcións e fixo fincapé en que os seres vivos non poden ser agasallos e non se debe inculcar este concepto aos pequenos da casa senón o respecto polos animais. Na súa visita estivo acompañada pola Directora Xeral de Patrimonio Natural Maria Sol Diaz e polo Alcalde de Coirós Francisco Quintela asi como pola Xunta Directiva de Gatocan e diversos voluntarios da mesma.

Edicion especial da Revista Gatocan
25/09/2025
Poñemos o enlace doutra edición especial da Revista Gatocan:

http://app.box.com/s/lxmj8wsaqce1kru6heil9a83rsozo7vo

Se tedes algún problema para vela, optade por descargala, pulsando onde pon "Descargar".

Esperamos que vos guste.

Dia dos animais
24/09/2025
O próximo dia catro de outubro, dia dos animais (de catro patas😄😄), faremos unha serie de actividades e un stand en colaboración con Candamin e O Corte Inglés diante das instalacións do segundo en Ramón e Cajal.
Esperámosvos!

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19  Seguinte>>